sábado, 10 de mayo de 2014

SAÍDA Ó PARQUE DE BOMBEIROS

O venres fomos visitar o parque de bombeiros de Carballo. 
Foron moi amables con nós.
Ensináronnos as instalacións: teñen ximnasio, vestiarios, almacén, sala de control, despachos...




Despois vimos os traxes e os camións. Estivemos moi atent@s. Cantas sorpresas hai neles!!!




Tamén nos deixaron subir no camión. Que ben o pasamos falando, facendo soar a serea... Ata nos fixeron un carné!!!





Despois dunha visita tan intensa repuxemos forzas coas saborosas comidas que nos prepararon as nosas familias. Unha vez que comemos disfrutamos moito xogando no parque!!!



E volvemos para o cole no autobús. Algúns quedamos durmidos... 


Foi un día inolvidable!!!

No hay comentarios: