Primeiro a mestra Susana contounos o conto "10 patiños de goma".
Despois dividímonos en seis equipos e pasamos por diferentes talleres nos que fixemos actividades variadas: decoramos patos con papeis; coloreamos un arco da vella coas mans; elaboramos un puzzle co barco que aparece no conto; fixemos barquiños con papel de xornal; coloreamos os personaxes do conto e inventamos finais diferentes para o conto.
Por suposto, non faltou a merenda. Que ben nos sentaron os zumes e as galletas, despois de tanto traballar!!!
Pasamos unha mañá estupenda!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario