Hoxe, como cada 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro.
No cole celebrámolo con dúas actividades.
Pola mañá fixemos "O padriño lector", que consiste en que algúns nen@s da ESO nos contaron contos na biblioteca. Que ben o pasamos!!! E canto nos mimaron e coidaron est@s nen@s maiores!!!
Pola tarde tivemos unha sesión de contacontos, con Anxo Moure, co título: Os libros son o ximnasio da imaxinación. Gustounos moito e algúns de nós tivemos o noso papel protagonista!!!
FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario