sábado, 1 de marzo de 2014

FESTIVAL DE ENTROIDO

Este venres celebramos o festival de Entroido. A temática foi "As diferentes épocas da historia". Houbo indios, romanos, monxes... E ata unha comparsa. Non faltaron os Picapedra e os Mármore.
@s Revoltiñ@s disfrazámonos de Pebbels e Bam Bam, xa que as nosas mascotas son os dinosauros.
 Foi unha mañá intensa: primeiro disfrazámonos; despois fomos co Troncomóvil ata o salón de actos; cantamos e bailamos poñéndolle letra á canción dos Picapedra; estivemos moi atent@s ás demais actuacións; para repoñer forzas tomamos unha saborosa merenda de Entroido que nos prepararon as nosas familias; posamos para as fotos e despedimos a xornada coa tradicional queima de Chinto.
Esperamos que disfrutásedes o día tanto coma nós!!!
YABADABADUUUUUUUUUUUUUUUUU!!!

No hay comentarios: