sábado, 29 de marzo de 2014

DESPEDIMOS A IRENE

Durante estas semanas estivo na clase de 3-4 anos a mestra Irene, facendo as prácticas. 
Este venres foi o último día, xa que ten que volver "ó seu cole".
Tíñanos reservadas moitas sorpresas: agasallounos cunha deliciosa merenda; un marco cunha foto do Entroido; unha caixa con dinosauros e uns lápices preciosos!!!
Nós tamén tivemos agasallos para ela: unhas flores de cartulina con mensaxes; unha libreta; un bolígrafo, unha postal... 
Queremos darche as grazas polo ben que te portaches con nós; pola túa paciencia e agarimo; por ensinarnos tantas cousas (sobre todo o proxecto tan bonito sobre os dinosauros); por axudarlle tanto ás mestras... Se de nós depende poñémosche un 10!!!
Esperamos verte pronto por aquí!!!
Saúdos moi especiais d@s Revoltiñ@s!!!



No hay comentarios: