martes, 12 de noviembre de 2013

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O venres pola tarde  celebramos o Magosto no centro.
Primeiro fixemos uns xogos moi divertidos que nos ensinou a mestra Cristina. Despois fomos ata o patio dos maiores, onde Juan e Xosé Ramón asaron castañas. Os que as quixemos probar puxémolas  nos briks tan bonitos que fixemos na casa. E na cabeza tiñamos  unhas viseras propias desta festa que elaboramos  na clase coas nosas mestras.
Pasámolo moi ben!!!
E moitas grazas ás familias pola vosa colaboración traendo as castañas e facendo os briks.


No hay comentarios: