domingo, 5 de mayo de 2013

VISÍTANNOS OS NOSOS AMIGOS DO CRA OS REMUÍÑOS

O pasado 29 de abril, celebramos o Día do Libro xunto c@s nos@s amig@s do CRA Os Remuíños.
Contamos o conto de Nadarín e fixemos actividades sobre el: decoramos peixes con papeis de cores, construímos o gran peixe coas mans estampadas en pintura, elaboramos augamares, pintamos cadros sobre o mar e lemos.
Despois de traballar tanto repuxemos forzas cunha merenda. E para rematar a xornada, os máis maiores fixeron unha visita polo cole, mentras que os máis pequenos xogaban no parque.
Foi un día estupendo!!!

 

No hay comentarios: