Estes días, na aula de 5 anos, estivemos traballando sobre un conto que nos gustou moito, e que se titula: "Bicos, bicos".
Fixemos varias actividades, entre elas, quixemos imitar un dos cadros de Andy Warhol, para o que pintamos os nosos beizos e os estampamos no folio, para facer o noso propio cadro. Que divertido!!!
Tamén falamos sobre a quen nos gusta bicar e quen nos gusta que nos bique, e reflexámolo na seguinte ficha.
4 comentarios:
Encántame ese conto e moito máis a idea que me acabades de dar!! Que sorte poder ver o voso blogue a diario. Un besiño tamén desde Cabana para tod@s
O conto é precioso!!! Se o necesisitades prestámosvolo!!! Moitas grazas!!!Saúdos d@s Revoltiñ@s!!!
O conto é precioso!!! Se non o tedes prestámosvolo!!! Moitas grazas!!! Saúdos d@s Revoltiñ@s.
Publicar un comentario