martes, 9 de abril de 2013

VISÍTANNOS AS MAMÁS DE IDOIA E MATÍAS

Este luns  Margarita (a mamá de Idoia) e Cruz (a mamá de Matías) viñéronnos falar do oficio de costureir@.
Trouxéronnos agullas, dedal, fío, tesoiras... ata unha máquina de coser de xoguete. Tamén puidemos ver como se cose un botón. E medíronnos coa cinta métrica. Que divertido!!!
E para rematar agasalláronnos cunha saborosa merenda e uns bolis de cores preciosos!!!
Moitas grazas por compartir con nós as vosas experiencias!!!
 

No hay comentarios: