Hoxe viñeron ata a clase a mamá e o papá de Bruno Gómez. Faláronnos dos seus oficios e ensináronnos fotos.
O papá traballa nunha empresa de rodas: ensinounos o grandes que poden ser algunhas, probamos os cascos de seguridade e agasallounos cuns tractores!!!
A mamá é enfermeira: ensinounos o hospital no que traballa, escoitamos os latexos do corazón cun fonendoscopio, agasallounos con tiritas de debuxos e ata nos fixo unhas cofias de enfermeira (que lle axudou a facer Bruno).
Que ben o pasamos!!!
Moitas grazas por compartir con nós o voso tempo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario