O venres celebramos o festival de Entroido. O tema foi "o medo" e @s Revoltiñ@s disfrazámonos de bruxos e bruxas. Tiñamos gorros e ata vasoiras voadoras!!! Había demos, vampiros, zombis, novio e novia cadáver... No festival interpretamos a canción "La brujita Tapita". Despois de ver as actuacións dos nos@s compañeir@s, que estiveron fantástic@s, repuxemos forzas cunha saborosa merenda que nos trouxeron as familias. E para rematar a xornada, queimamos a Chinto. Pobriño!!! Pero seguro que volve para o vindeiro Entroido!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario