sábado, 2 de febrero de 2013

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O mércores, 30 de xaneiro, conmemórase o día da Paz. @s Revoltiñ@s celebrámolo doblemente.
Pola mañá xuntámonos c@s nos@s amiguiñ@s do CRA Os Remuíños e fixemos mooooitos talleres sobre a Paz: elaboramos colgantes, fixemos uns bolsos a partir de briks,  xogamos co paracaídas, pintamos coas mans un mural, inventamos contos, creamos maracas a partir de envases de iogur e escollemos alimentos de catálogos... Tamén vimos "A Pota que trota", un conto co que aprendemos a importancia de compartir. E sobre todo áprendemos a convivir tod@s xunt@s.
Que mañá tan entretida!!!
Moitas grazas ó CRA Os remuíños por convidarnos a celebrar a Paz!!!
 
Xa no noso cole participamos nunha actividade moi fermosa: cada un de nós decorou unha tarxeta na que tiñamos que poñer cualidades d@s nos@s compañeir@s. E tamén as nosas familias dixeron cousas bonitas de nós.
 
 
 


No hay comentarios: