domingo, 24 de junio de 2012

GRAZAS

Parece que foi onte cando comezou o curso, e xa chegou ó seu fin.
Para min foi estupendo poder ser a mestra dos seis marabillosos alumnos e alumnas deste curso: polas vosas ganas de aprender, pola vosa simpatía, tenrura, ledicia... Acórdome do voso primeiro día de clase, cando tiñades tres aniños (e algúns aínda dous). Agora rematades a etapa de Educación Infantil.
Espero que sigades así na próxima etapa que pronto comezades.
Aproveito para agradecervos unha vez máis ás familias a vosa colaboración e o ben que vos portades conmigo.
E a vós, querid@s Javi, Idaira, Martín, Marta, Xabi e Martina, todas as vivencias deste curso.
Gustaríame despedir este artigo con esta foto que resume como foi o clima na nosa aula.
Unha forte aperta.
Bo verán.
Mª Carmen.

3 comentarios:

anapose dijo...

Pero que foto tan bonita!!!
Deséxovos moita sorte e tanta alegría coma nesta foto para este novo curso que comeza!!!
Moito ánimo revoltiñ@s!!!

Os Revoltiños dijo...

Ola Ana:
Esperamos estar tan content@s este curso e desexámosche moita sorte para ti no teu novo cole.
Saúdos d@s Revoltiñ@s!!!

Os Revoltiños dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.