@s Revoltiñ@s visitamos a Casa das Abellas xunto cos compañeir@s de 1º e 2º de Educación Primaria. Aínda que non estivo moi bo día puidemos facer moitas actividades: envasamos mel, vimos como as abellas transportaban o polen, elaboramos candeas con cera, puxemos traxes de apicultor, vimos colmeas, probamos mel...ata puidemos ver á raíña da colmea!!!
Cando saímos chovía así que comemos nun cole de Betanzos.
Pasámolo moi ben!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario