lunes, 30 de enero de 2012

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Como cada 30 de xaneiro, celébrase o DÍA DA PAZ. @s Revoltiñ@s celebrámolo doblemente. Pola mañá fomos ó Auditorio municipal e alí fixemos moitas actividades xunto ós nenos e nenas do CRA "Os Remuíños": escoitamos consellos para coidar o medio ambiente, subimos ó coche e á moto da Garda Civil, fixemos un circuito (con sacos, zancos, picas, colchonetas...), tomamos unha saborosa merenda e participamos en varios talleres (elaboramos broches de papoulas, maquillámonos con símbolos de paz, fixemos coroas, xogamos ó paracaídas, decoramos bandexas e creamos un mural). Pasámolo moi ben!!! E pola tarde aínda tivemos tempo de facer máis actividades no noso cole!!!








No hay comentarios: