sábado, 3 de diciembre de 2011

ATA PRONTO, ROCÍO

O pasado mércores Rocío acabou as súas prácticas no cole.

Preparounos un xogo moi divertido no que tivemos que atopar pistas por equipos para atopar un "tesouro":un precioso marco de fotos, un libro e un globo. Gustáronnos moito e pasámolo moi ben buscando as pistas.

Para rematar a tarde comemos unha saborosa merenda e Rocío tivo que atopar o seu agasallo coas pistas que nós lle demos.

@s Revoltiñ@s agradecémosche o ben que te portaches connosco, desexámosche moita sorte e esperamos verte pronto.




No hay comentarios: