Unha vez lido o conto propúxenlle os nenos/as que expuxesen situacións cotidianas nas que tivesen paciencia e algunhas das súas respostas foron;
Tiven paciencia
- Na barriga de mamá, ( relacionárono co conto pero foi boa resposta).
- Marta dixo que tivera paciencia de bebe durmindo moito tempo.
- Antía dixo que tivera paciencia para ir no carriño de bebe.
- Martina di que ten paciencia coa súa irmá.
- Martín di que ten paciencia no coche dentro da silla.
- Xabi ten paciencia cando a mamá fai as cousas da casa.
- Manuel ten paciencia cando a súa mamá toma o café.
- Marta ten paciencia cando vai ó médico e outro está dentro.
- Martín cando a súa mamá se está vestindo.
- Alberto cando o seu papá proba a moto e espera.
- Idaira ten paciencia cando a súa irmá está facendo os deberes.
- Antía cando espera que a súa nai coma.
- Saray ten paciencia cando a súa mamá prepara as cousas para ir a praia.....
No conto unha das preguntas que se lle fai a bolboreta é;
como aguantaches ser fea tanto tempo?
A partir desta cuestión preguntamos se esta pregunta foi apropiada ou non e a resposta dos nenos foron:
- É de mala educación, ( Martina).
- Non se pode dicir porque ó mellor non lle gusta, ( Idaira).
- Ó mellor despois non é o seu amigo, ( Marta).
- Despoi non xogan máis con el. ( Martín).
AS MIÑAS FELICITACIÓNS A ESTES NENOS/AS POLAS SÚAS RESPOSTAS. ( As veces non é sinxelo que sigan o diálogo e que pensen e den respostas apropiadas pero estes revoltiños/as son únicos).
Polo ben que o fixeron xogamos os xogos da paciencia. O primeiro que fixemos foi tapar o nariz e aguantar sen respirar, ( algunha trampiña fixeron).
Outro xogo pechar os ollo e aguanta o máximo de tempo.
Quedar en silencio o máximo tempo posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario