Álex de 5 anos deixounos un conto da sirenita donde se escoitaba como falan as gaivotas.
Itciar de 4º deixounos o seu libro dos animais e contounos cousas interesantes sobre as gaivotas.
A tía de Saray deixounos tamén este libro.
Esta parte do proxecto permitiume traballar dunha forma distinta o abecedario a través do índice dos libros e traballar dunha forma orixinal a aproximación a lecto-escritura, xa que algo tanto sinxelo e cotidiano para os adultos como é o índice dun libro, para os nenos/as tan pequenos resultoulles algo moi novidoso e motivante.
TAMÉN FOMOS VER SE A GAIVOTA 221M ESTABA NA PRAIA QUE ESTÁ Ó LADO DO COLE E SE VIVÍA ALÍ. ( O noso cole ten un entorno moi fermoso e cheo de recursos).
Unha das cousas que aprendemos nos libro e verificamos na nosa saída a Lira é que as gaivotas viven nos acantilados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario