Despois de contestar que o que se escondía na entrada anterior era un xardín de flores, un mantel de flores..., decidimos destapar o que se escondía detrás dese papel blanco e o que se escondía era
Trátase como vedes dun ramo de flores e aínda que non o vemos ben é un cadro dun pintor-escultor colombiano chamado Fernando Botero. A través da pintura tentamos fomentar a capacidade comunicativa e expresiva da arte como porta o coñecemento.
O traballo a través da arte permite, entre outras cousas:
a. Favorecer unha observación atenta para poder dialogar.
b. Elaborar criterios propios, conscientes e argumentados.
c. Fomentar a capacidade da orientación.
d. Potenciar o pluralismo e non o relativismo.
En definitiva tentamos ensinar a mirar, a escoitar, a dialogar, a interpretar, a inventar...
2 comentarios:
Hola Sonia, descubríchelo moi pronto, eu estaba buscando un Monet ou un Renoir... pero iba un poco "impresionista"
Que tal Yolanda?, primeiro darche as grazas por seguir o blog e sobre todo por participar nel. Elixín a Botero porque me parece que os seus cadros son fáciles de interpretar polos nenos/as máis cos de Kandinsky, Picaso ou Miró que son os que se recomendan, ademais Botero é escultor e da pe a traballar máis cousas.
O motivo polo que o destapei é porque quería que os nenos/as fagan tamén os seu propios cadros e esculturas a partir de Botero e a verdade é que vamos bastante mal de tempo. Unha vez mais, grazas por participar no blog.
Publicar un comentario