miércoles, 20 de abril de 2011

QUE SE ESCONDERÁ DETRÁS DO PAPEL?



Os nenos e nenas da aula de 5 anos estamos moi intrigad@s en saber qué se esconde detrás do papel que esconde os debuxos.



Ó destapar as imaxes un pouco máis opinamos o seguinte:





- Jessica: unha cereixa porque é redonda.


- Iago: un tucán porque é de moitas cores.


- Adrián: unha mazá porque é redonda, cun rabiño verde.


- Lara: unha pedra pintada de colorines.


- Alejandro: un pouco de carne, un pouco de verde e un pouco de vermello porque pintaron vermello, carne e verde.


- Isaac: unha pedra máxica que ten moitos colorines e convértese en pedras máxicas.


- Noé: a capa de Superman porque é de cor vermella.


- Brais: un coello porque o mataron e está sangrando, por eso é vermello.







- Brais: auga con pedras e nas pedras hai follas.


- Noé: unha piña.


- Isaac: un volcán ó que lle van sair pedras.


- Alejandro: un peixe un pouco marrón e verde.


- Lara: pedras amarelas nun río e están afogando porque van para abaixo.


- Adrián: unha pedra máxica azul.


- Iago: un caparazón dunha tartaruga de moitas cores.


- Jessica: Unha balea porque é azul.

No hay comentarios: