@s nen@s da aula de 3/4 anos deron unhas respostas moi curiosas sobre o que lle parecía a imaxe. Na aula de 5 anos tamén estivemos pensando qué se pode agochar detrás desas imaxes. Éstas son as nosas ideas:
- Unha tartaruga porque o que se ve é un caparazón (Iago).
- Unha árbore chea de mazás porque se parece un pouco a unha árbore e a parte máis oscura é unha folla (Brais).
- Cereais porque o que se ve é da mesma cor cós cereais (Adrián).
- É un círculo amarelo e marrón (Alejandro).
- É un cristal porque ten forma de cristal (Noé).
- Unha mesa porque é laranxa e amarela (Jessica).
- Flores porque se parecen ás flores (Lara).
- Huellas de dinosaurio e a parte azul son escamas porque tamén ten algo laranxa e os dinosaurios cando deixan huellas escachan o chan e fan puntos (Isaac).
- Isaac di que é unha bóla chea de fogos artificiais.
- Lara di que é o arco iris porque ten a cor rosa.
- Jessica asegura que é un pato.
- Noé ve un gorila porque se lle parece á cara dos gorilas.
- Alejandro afirma que se trata de papel porque ten cor vermella e pintamos con esa cor.
-Adrián di que é un xigante porque os zapatos do xigante poden ser vermellos.
- Brais asegura que se trata dun mono porque é redondo como a cara dos monos e de lado parece o fuciño.
- Iago di que é un león porque non ten nin raias nin manchas.
Non sabemos quén terá razón pero pasámolo moi ben indagando e non nos chega o momento de descubrir qué se agocha detrás dos ocos. Agora tócavos a vós seguir investigando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario