O luns, día 28 de febreiro, visitamos (xunto cos nenos e nenas do CRA Os Remuiños) a recreación dunha aula histórica, en Neaño.
Alí vimos cómo era unha aula antiga. As mesas, os libros, as láminas, o encerado, os armarios... son moi diferentes dos que temos agora. E hai outros elementos que non temos nas nosas clases: o crucifixo, a bandeira, as pizarras...
Despois chegou o momento da merenda. Qué bos estaban o chocolate e os biscoitos!
E pasámolo estupendamente cos xogos que nos prepararon o mestre Carlos de Educación Física (do CRA Os Remuíños) , así como Carlos (de Educación Física na ESO, no CPI As Revoltas) e algúns alumnos e alumnas da ESO. Gustáronnos moito os xogos e agradecémoslle tanto a estes mestres coma ós nenos e nenas que os prepararan para nós.
Para rematar a visita, agasalláronnos cun ioió.
No hay comentarios:
Publicar un comentario