O diálogo filosófico é a ferramenta metodolóxica para aprender a pensar. É a ferramenta fundamental para desenvolver as habilidades de pensamento, por iso no noso tempo de xogar a pensar, empregamos o diálogo como un xogo con regras que han de ser aprendidas e practicadas.
No primeiro trimestre adicamos moito tempo deste "Xogar a pensar" as normas, primeiramente, traballando as antimormas e intentando superar a fase egocentrica dos nenos/as para así poder crear normas que non favorecesen a intereses particulares e afectasen negativamente a colectividade. Deste xeito o grupo de 3-4 anos, creamos as nosas propias normas guiando o diálogo a través de cuestións como; que podemos facer entre todos?, que cousas son inaceptables entre nos?,cómo pensamos que se debe tratar ós demais...
Hoxe enumeramos só algunhas das normas que son imprescindibles para poder realizar os xogos de "Xogar a pensar" e para que os nenos/as as identificaran inicialmente acompañámolas con fotos dos mesmos cumprindo ditas normas.
Algunhas delas son:
ESCOITA ÓS TEUS COMPAÑEIROS CON ATENCIÓN
NON FALES MENTRES FALE OUTRO COMPAÑEIRO
CANDO QUEIRAS FALAR LEVANTA A MAN
PENSA O QUE QUEIRAS DECIR ANTES DE PEDIR A PALABRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario