No salón de actos do colexio explicáronnos as características deste alimento tan doce que fan as abellas:
O MEL
os tipos de abellas que hai nunha colmea (raíña, obreira e zángano),
o proceso de recollida do mel e o traballo do apicultor e as ferramentas que emprega.
Familias, pinchade AQUÍ para ver diferentes receitas que nos ofrece a páxina de MEL de GALICIA. BO proveito!!!
2 comentarios:
Que rico mel! e que ben o pasaron os nenos! Xa saberás que están a facer un mural precioso sobre o mel. Xa te mandaremos as fotos para que as poñas aquí. Un bico
En canto fagan ese mural e me manden as fotos enseguida as colgo..., segura que está precioso, xa teño gañas de velo. En infantil somos moi traballadores, e xa vexo que polas alturas tamén o sodes. Moi ben as redaccións sobre a viaxe a Santiago...!
Publicar un comentario