lunes, 1 de marzo de 2010

Festival de Nadal

O 22 de Decembro celebramos o Festival de Nadal. Tod@s preparamos actuacións con moita dedicación. Os de infantil presentamos, con coroas douradas de anxiños, a panxoliña "O PELO ROXIÑO", que ensaiamos coa mestra de música. Graciñas Eva!!!



Logo das actuacións fixeron a súa entrada Os Reis Magos de Oriente, que recibiron as peticións dos nen@s en forma de carta e agasaiaron aos presentes con lambetadas.



Para rematar, fíxose entrega dos premios ás mellores postais de Nadal, do concurso de ENDL do colexio.

No hay comentarios: