Hoxe fomos ata o Pazo da Cultura de Carballo, xunto co resto de nenas e nenos de Educación Primaria do CPI As Revoltas, para ver o concerto do grupo ODAIKO.
A verdade é que nos encantou!
Estivos moi atentos e atentas e puidemos participar facendo percusión co noso corpo.
Despois repuxemos forzas coa merenda e antes de volver ao colexio visitamos o Forum para ver as pinturas que hai alí e quen sabe se coller algunha idea para o proxecto anual que estamos a desenvolver sobre a arte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario