Mostrando entradas con la etiqueta Meco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Meco. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de febrero de 2016

SEMANA DE ENTROIDO: XOVES

De novo nesta semana, visitamos ao Meco para demostrarlle que cumpríramos coas súas consignas. Ás aulas de Educación Infantil chegaron moitos animais, tamén debuxos animados, personaxes de conto, moitas princesas e algún que outro guerrilleiro e moitas outras personaxes moi simpáticas! Mirádenos aquí!


SEMANA DE ENTROIDO: MÉRCORES

Hoxe tiñamos unha nova misión do Meco... E cumprímola con creces! Recoñecédesnos? Perrucas, bigotes, beizos e unllas pintadas, corbatas, sombreiros, zapatos de tacón... Os nenos vestíronse de nenas, as nenas de nenos. Menudas risas cando nos vimos!


martes, 2 de febrero de 2016

SEMANA DE ENTROIDO: MARTES

Hoxe volvemos a visitar ao Meco para mostrarlle o noso atuendo do día. Hoxe tocaba vir moi coloridos, con prendas moi distintas, pensades que cumprimos co reto que nos puxo él?


lunes, 1 de febrero de 2016

SEMANA DE ENTROIDO: LUNS

O Meco díxonos que o luns tiñamos que vir en pixama á escola, e coma todos nós somos moi obedientes, aquí nos tendes! Que vos parecen os nosos atuendos?


viernes, 29 de enero de 2016

CONSIGNAS DO MECO!

O Entroido xa está moi préto e os Revoltiñ@s queremos celebralo por todo o alto!
A próxima semana será un tanto diferente... Sabedes por que? Botádelle unha ollada a esta mensaxe que nos deixou o Meco e coñecede como podedes vir vestidos os próximos días...