Mostrando entradas con la etiqueta TALLER ÍNTEGRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TALLER ÍNTEGRO. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de febrero de 2019

A DIVERSIDADE ENRIQUÉCENOS

No día de hoxe viñeron ata o CPI As Revoltas Irene, Lucía e Luisa, da asociación ÍNTEGRO. 
Contáronnos un fermoso conto sobre a diversidade; xogamos cunha pelota moi especial, xa que facía ruido ao lanzala (explicáronnos que é moi útil para as persoas que non poden ver) e tamén vimos que non é fácil averiguar que tocamos usando solamente o sentido do tacto (puxemos nos ollos un antiface e tiñamos que adiviñar que contiñan uns estuches, usando únicamente o sentido do tacto). 
Divertímonos moito con estas actividades. 
Moitas grazas pola visita!

 

sábado, 11 de marzo de 2017

MESTÚRA-T

Este venres viñeron ao colexio desde a asociación ÍNTEGRO para concienciarnos dun tema tan importante como é a inclusión e a diversidade, mediante o programa Mestúra-T. Begoña e Noelia  contáronnos un conto chamado "Por catro esquiniñas de nada"; puxemos unhas "gafas" especiais coas que non viamos nada e tiñamos que sortear obstáculos; dialogamos...
Foi un taller moi divertido que nos permitíu poñerlos no lugar doutras persoas. 
Podedes ver o ben que o pasamos nas seguintes fotos e tamén vos deixamos o enlace á páxina da asociación, na que tamén fomos noticia.
Moitas grazas!