Hai unhas semanas propuxéronnos participar no concurso Nós tamén creamos.
A partir do conto "A tartaruga que quería durmir" elaboramos unha curta de animación.
Foron semanas de moito esforzo: preparamos decorados, puxemos voces ás personaxes...
Agora está rematada e pódese ver na SECCIÓN INFANTIL DA CRTVG (tedes o enlace na parte dereita do noso blogue).
Esperamos que vos guste!!!
O noso agradecemento @s que fixeron posible este traballo: familias, compañeiros e compañeiras, mestras (especialmente Ana e Susana)... e tod@s @s que dun xeito ou outro participáchedes neste proxecto.