Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de abril de 2019

CONVIVENCIA DA SEMANA DO LIBRO

Este venres celebramos a Semana do Libro mediante unha convivencia co CRA Os Remuiños.
Baseámonos no libro "Canta a lúa coas estrelas".
Comezamos a xornada cunha representación sobre o mesmo, realizada por Andrea, unha das creadoras do libro. 
A partir del organizamos seis talleres polos que pasaban seis equipos de nenas e nenos realizando actividades relacionadas coas cancións do libro:
- "Canta a lúa coas estrelas" (no que  decoramos estrelas).
- "Sementando ilusións" (onde plantamos pipas de xirasol).
- "Encontrei un soño" (no que elaboramos marcapáxinas).
- "Apadriñamento lector" (para ler contos e facer debuxos sobre eles).
- "Desexos" (onde aprendemos a coreografía dunha das cancións).
- "Canta e croma" (para representar cancións).
Pasámolo moi ben!



sábado, 21 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO

Este venres celebramos unha convivencia cos nenos e nenas do CRA Os Remuiños para conmemorar o día do libro. 
Como este curso estamos traballando a arte decidimos partir do libro: "Soy un artista" de Marta Altés. Puxémoslle voz á historia e repartímonos en equipos para realizar nove talleres nos que nos divertimos moito: representamos a canción "Eu son un artista", de Mamá Cabra; desenvolvemos a creatividade debuxando en "bolsas máxicas" e creando a nosa propia obra en lenzos moi especiais, xa que era papel transparente; mergullámonos en cadros co Croma; creamos marcapáxinas; elaboramos sal de cores que metemos en tarros; fixemos o noso propio autorretrato; plasmamos partes do noso corpo en murais e coloreamos debuxos. Entre taller e taller tamén tivemos un tempo para acudir ao recuncho de lectura. 
Por suposto, repuxemos forzas cunha saborosa merenda. 
Foi unha xornada moi divertida!





domingo, 23 de abril de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Este venres   conmemoramos o Día do Libro xunto cos nos@s amig@s do CRA Os Remuiños.
Partimos do libro "Por cuatro esquinitas de nada". Despois de escoitar este conto, que trata da diversidade, e de comentalo, dividímonos en equipos para levar a cabo unha serie de talleres:
- Compuxemos figuras a partir de formas xeométricas.
- Creamos historias a partir de personaxes con diversidade funcional.
- Lemos contos relacionados coa diversidade.
- Elaboramos un sol "diverso" coas siluetas das nosas mans.
- Fixemos de pintor@s decorando cadros.
- Creamos formas variadas para poñer de marco nos títulos dos cadros.
- Debuxamos como pensamos que é a casa ideal para os personaxes do conto.
- Divertímonos encestando tapas, con diferentes dificultades.
- Decoramos marcapáxinas.
 Tamén repuxemos forzas cunha saborosa merenda.
Foi unha mañá moi divertida!





miércoles, 20 de abril de 2016

CONTO - QUEBRACABEZAS

Como xa sabedes, "O monstro de cores" conta a historia de Teo, a mascota da nosa aula. Na xuntanza que tivemos cos nen@s do CRA o pasado luns, creamos este libro que os Revoltiñ@s lle regalamos a eles e que nestes momentos xa viaxa polas súas casas. Aquí vos deixamos o resultado final!

lunes, 18 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO!

Esta mañá os Revoltiñ@s recibimos unha visita moi especial... Os nenos e nenas do CRA "Os Remuíños" viñan celebrar con nós o Día do Libro. Este ano, todo xiraría en torno ao conto "O monstro de cores", xa que como todos sabedes, Teo é a mascota das nosas aulas.

Tras presentarnos e distribuírnos por equipos, a mestra Paula pasou a ler a descrición do monstro que os Revoltiñ@s fixemos a semana pasada. Así, as nenas e nenos do CRA poderían imaxinar como era a nosa mascota! Entre todos, debuxamos aos nosos Teos!



Quedaron chulísimos tódolos debuxos, pero xa non facía falta imaxinar, porque Teo apareceu no Salón de Actos, e viña acompañado da súa historia, pero nun libro moi diferente que nos deixou a profe Érica e que nos leu a mestra Rocío.


Agora si, xa estabamos listos para comezar cos diferentes talleres, polos que fomos pasando tódolos equipos ao longo da xornada.


"Expresarte" era un taller no que a partir das cores do monstro, creamos un mural no que pintamos libremente con pinceis e esponxas.


Tamén refixemos a historia de "O monstro de cores" a partir dun quebracabezas onde cada nen@ coloreaba unha peza, pezas que logo se xuntarían para crear unha das páxinas deste conto.


E qué mellor maneira de conmemorar o Día do Libro que lendo algúns dos contos que atopamos no Baúl de Teo?


Tamén descubrimos que nalgúns lugares existe a tradición de regalar unha rosa por este día. E aquí estamos creando as nosas!


E como Teo era o protagonista deste día, tamén foi o protagonista dunha historia que pouquiño a pouco fomos creando entre todos nós. Dámosvos unha pista... Levamos a Teo de viaxe, adiviñades a onde?



E, por suposto, non podían faltar uns marcapáxinas personalizados con algunha que outra imaxe da nosa mascota!


Iso si, tamén paramos a repoñer forzas entre taller e taller! Que ricas estaban as galletas e os zumes que tomamos todos xuntos!


E xa para despedirnos desta xornada tan especial, moi atentos escoitamos a historia que nos lía a mestra Rocío e que nós mesmos creamos! Neste vídeo vós tamén a poderedes ler acompañada dunha música moi animada!



E, por suposto, tamén puidemos ver aqueles quebracabezas que transformamos en conto, e que a profe Mª Carmen lle entregou da nosa parte ás mestras do CRA para que os seus nen@s tamén puidesen ler a historia de Teo.


FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO MOI BEN! MOITAS GRAZAS POLA VISITA! VOLVEDE CANDO QUEIRADES!

jueves, 14 de abril de 2016

O NOSO CONTO FAVORITO!

Para conmemorar o Día do Libro, desde o Equipo de Biblioteca propúxose que cada nen@ trouxese á aula o seu conto favorito. Fixemos un debuxo e explicamos por qué nos gustaba tanto. Logo, tiñamos que sacar unha fotografía nalgún lugar do colexio. Nós eliximos a biblioteca e non puidemos estar mellor acompañados. Mirádenos aquí con Pepiña!








martes, 12 de abril de 2016

CREAMOS UNHA INVITACIÓN!

O próximo luns conmemoraremos o "Día do Libro" xunto cos nenos e nenas do CRA Os Remuíños. Nós seremos os anfitrións, polo que tras pensar e debatir sobre o que podíamos facer para que todos eles soubesen desta celebración, María tivo unha idea xenial: CREAR UNHA INVITACIÓN!

E aquí estamos... Algúns nenos completaron as palabras que faltaban, outros repasáronas con rotulador e arrastraron cera unha vez rematada. E todos xuntos participamos pensando as palabras que non estaban na invitación e as letras que nos facían falta para escribilas!




E aquí o resultado final!


Pero unha vez feita... Xurdiunos outra complicación! Como lla facíamos chegar? Saíron moitas opcións: mandala por correo; chamar a unha furgoneta de servizo rápido; falar con algún familiar para que nola leve; ir nós en bus, tren, barco, moto, leopardo, dinosaurio...
Aínda que a solución era moito máis sinxela: Por que non lla entregamos mañá a Érica? Ela tamén é mestra no CRA!