Mostrando entradas con la etiqueta 2009. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2009. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de marzo de 2010

Festival de Nadal

O 22 de Decembro celebramos o Festival de Nadal. Tod@s preparamos actuacións con moita dedicación. Os de infantil presentamos, con coroas douradas de anxiños, a panxoliña "O PELO ROXIÑO", que ensaiamos coa mestra de música. Graciñas Eva!!!



Logo das actuacións fixeron a súa entrada Os Reis Magos de Oriente, que recibiron as peticións dos nen@s en forma de carta e agasaiaron aos presentes con lambetadas.



Para rematar, fíxose entrega dos premios ás mellores postais de Nadal, do concurso de ENDL do colexio.

Postais de Nadal

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) do noso cole convocounos a un concurso de postais de Nadal, nas que a mensaxe tería que estar escrita en galego. As dúas mellores de cada clase recibiron un agasallo durante o festival de Nadal, o Martes 22 de Decembro. Aquí están as nosas. Todas son moi bonitas! Seguro que lles foi difícil escoller!

Nen@s de 3 anos



Nen@s de 4 anos





Nen@s de 5 anos




O Samaín

Tamén celebramos O Samaín.

Ao longo da semana decoramos cabazas na aula e tamén algúns as trouxemos feitas da casa.



Fixemos anan@s, animaliños, pantasmas, ect...e con elas adornamos o noso corredor.




Aquí estamos tod@s os infantil coa Bruxa Curuxa, antes de baixar ao Salón de Actos...


...onde escoitamos relatos de terror escritos polos rapaces de primaria.

domingo, 28 de febrero de 2010

Magosto 2009

O 13 de Novembro celebramos o Magosto no colexio. Aquí tedes un pequeno recordo do día.


miércoles, 24 de febrero de 2010

PRESENTÁMONOS...

No ciclo de infantil somos dúas aulas.

A aula de 3/4 anos coa mestra MªCarmen.



Aquí estamos: Isaac, Jessica, Brais, Noé, Álex, Adrián, Lara, Marta, Martina,Martín, Xabi, Idaira e Mª Carmen. Falta Javi que non estaba ese día.


A aula de 5 anos coa mestra Nuria.



Aquí estamos Manuel, Elena, Miguel, Aroa, Nerea, Manu, Mario e Nuria.