Mostrando entradas con la etiqueta Acuario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acuario. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de mayo de 2019

VISITAMOS A CASA DOS PEIXES

Este martes fomos ata A Coruña, onde visitamos a Casa dos Peixes. 
Explicáronnos que alí viven algúns tipos de animais mariños:  estrelas e cabaliños de mar, morenas, medusas... Os que máis nos chamaron a atención foron o tiburón e as focas, ás que puidemos ver cando lles daban de comer. 
Observamos tamén que había algúns ósos de balea e ata unha silueta deste animal, que nos recordou á balea de Valarés. 
Chamáronnos a atención unha serie de figuras que estaban colgadas do teito e tamén na parede. Contáronnos que son figuras feitas con lixo (tapóns, cordas...) que se atopa nas praias, co cal entendemos o importante que é coidar o noso medio.
Tamén nos fixamos que cerca da Casa dos Peixes está a torre de Hércules.
Foi unha visita moi divertida!



sábado, 11 de mayo de 2013

VISITAMOS A CASA DOS PEIXES

Este venres, @s Revoltiñ@s visitamos o Aquarium Finisterrae (a Casa dos Peixes), na Coruña.
Alí vimos moitos tipos de animais mariños: peixes grandes, pequenos, medusas, cabaliños de mar, estrelas de mar, anguías, polbos... Puidemos ollar como lles dan de comer ás focas. E encantounos ver á estrela do acuario, o tiburón.  
Aproveitando que facía bo día,  fomos ata o Parque de San Pedro e alí comemos e pasámolo moi ben xogando no parque.
Un día inolvidable!!!
 

jueves, 6 de mayo de 2010

VISITA AO ACUARIO DA CORUÑA

O 4 de Maio @s nen@s de infantil e de 1º e 2º de Primaria visitamos o AQUARIUM FINISTERRAE, na Coruña. Pasámolo moi ben, vimos moitos animais acuáticos e aprendimos sobre eles...