Si! Beli e Juan, os papás de Felipe, Nicolás e María! E sabedes a que se dedican? A mamá é enfermeira e o papá é enxeñeiro e traballa cunhas rodas moi moi grandes.
Explicáronnos en qué consistía a súa profesión a través dunhas diapositivas que ían aparecendo no Encerado Dixital e tamén puidemos ver e tocar moitos dos instrumentos que usan nos seus traballos: gorros, mascarillas, guantes, tiritas, xeringas, vasiños... E tamén chalecos, cascos, manómetros, profundímetros, ordenadores e tablets con fundas moi resistentes...
Fixéronnos un montón de agasallos... Juan regalounos un póster e Beli transformounos nos seus axudantes dándonos gorros, tiritas, xeringas e vasiños. Sempre contando coa axuda de Nicolás, María e Felipe! Estamos guap@s?
Moitas grazas por ensinarnos tantas cousas! Volvede cando queirades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario