Esta mañá visitounos Chus, a mamá de Vítor! El foi o encargado de presentala e dicirnos que era perruqueira. Trouxo á clase unha maleta moi grande chea de instrumentos do seu oficio: rulos, algúns líquidos para rizar o cabelo, champú de nenos e adultos, secadores, rizadores de pelo, maquillaxe... O que máis nos gustou foi saber que tiñamos pontes no noso cabelo e que as nosas pestanas se podían rizar! Menudos descubrimentos!
Ademais, Chus escolleu a tres Revoltiñ@s para facerlle estes peiteados! Mirade qué guapos están María, Samuel e Nerea!
E mentres, a mestra Mª Carmen pintoulle os beizos aos nenos e ás nenas que quixeron probar o maquillaxe que nos trouxo a mamá de Vítor!
Gracias por ensinarnos tanto da túa profesión Chus! Volve cando queiras!
No hay comentarios:
Publicar un comentario