sábado, 1 de diciembre de 2012

ATA PRONTO, IRENE

Durante o mes de novembro, a mestra Irene estivo facendo as prácticas nas aulas de Educación Infantil.
O venres foi o día da despedida e ela tíñanos preparadas varias sorpresas: un precioso libro no que resume o que fixemos durante todo o mes de novembro, unhas riquísimas figuras de chocolate e bombóns!!!
Nós tamén lle tiñamos algún agasallo que lle foi entregado polas encargadas do día: un marco cunha foto, unha orla asinada por cada Revoltiñ@ e uns bombóns!!!
Despedímonos cun gran abrazo en grupo.
Alegrámonos moito de que pasases con nós este mes e desexámosche toda a sorte do mundo!!!
Visítanos cando queiras!!!
 

No hay comentarios: